AVALIACIÓN
2018-19
Os procedementos e instrumentos de avaliación e cualificación para todo o alumnado están desenvolvidos con precisión na Programación do Departamento de Inglés para o curso 2018-19. Son os seguintes:
1º ESO
Lenda:
Bloque 1: Comprensión de textos orais (Listening).
Bloque 2: Produción de textos orais: Expresión e interacción (Speaking).
Bloque 3: Comprensión de textos escritos (Reading).
Bloque 4: Produción de textos escritos (Writing).
Bloque 5: Coñecemento da lingua e conciencia intercultural (Fonética, Léxico,Gramática, aspectos culturais da lingua).
Avaliación ordinaria
O baremo será o seguinte:
Estándares avaliables | Grao mínimo de consecución | Peso na cualificación | Instrumentos de avaliación | Competencias clave | |
BLOQUE 1 | Todos | 50% | 10% | Proba oral
Proba escrita |
Todas as indicadas |
BLOQUE 2 | Todos | 50% | 20% | Proba oral | Todas as indicadas |
BLOQUES 3-5 | Todos | 50% | 70% | Probas orais e escritas (60%)
Portfolio* Libro de exercicios* Traballo individual* Traballo en grupo* Rúbricas* (10%) |
Todas as indicadas |
*A criterio do profesorado.
Observacións:
Bloques 3-5
- Actividades relacionadas cos libros de lectura obrigatoria. Algunhas destas actividades son as seguintes: describir personaxes ou situacións do libro, lectura en voz alta dalgunhas partes do libro, preguntas de comprensión.
- Cada profesor/a decidirá que parte desta porcentaxe dedica a cada un dos seguintes apartados:
- Actividades escritas que inclúan respostas a preguntas de comprensión de textos.
- Redacción de textos curtos sobre temas tratados na clase.
- Exames ou preguntas sobre temas de fonética, gramática, vocabulario e aspectos culturais da lingua.
- Actividades relacionadas cos libros de lectura obrigatoria para forzar á aprendizaxe de vocabulario e estruturas gramaticais. Algunhas destas actividades son as seguintes: contestar preguntas de comprensión xeral ou específica (multiple choice; true/false, etc.); encontrar no texto palabras ou expresións que correspondan a unha definición, etc.
- Valoración do traballo e a actitude na clase: presentación do portfolio e libro de exercicios.
- O libro de lectura obrigatoria poderá ser avaliado co uso de probas orais, escritas ou ámbalas dúas.
- No caso de non poder realizar a proba de produción de textos orais (Bloque 2 speaking) nalgunha avaliación, a porcentaxe correspondente engadirase á nota das probas dos Bloques 3-5.
- Poderase reducir ata 0,5 puntos da nota do exame escrito por mala presentación. Esta posibilidade é aplicable a todas as avaliacións, ordinarias e extraordinarias.
Avaliación extraordinaria
- Todo o antedito para a avaliación ordinaria é válido tamén, cando proceda, para a extraordinaria cos seguintes matices.
- No caso de non poder realizar a proba de comprensión de textos orais (Bloque 1 listening), a porcentaxe correspondente engadirase á nota das probas dos Bloques 3-5.
- O libro de lectura obrigatoria será parte desta proba para o alumnado que non a tivese superada na avaliación ordinaria. En caso contrario, a porcentaxe correspondente engadirase á proba correspondente aos Bloques 3-5.
- Presentación do portfolio e libro de exercicios a criterio do profesorado.
Avaliación ordinaria do alumnado coa materia pendente de 1º ESO
- Todo o antedito para a avaliación ordinaria é válido tamén, cando proceda, para a avaliación ordinaria do alumnado coa materia pendente cos seguintes matices.
- No caso de non poder realizar a proba de comprensión de textos orais (Bloque 1 listening), a porcentaxe correspondente engadirase á nota das probas dos Bloques 3-5.
- O peso na cualificación dos Bloques 3-5 será do 60% e o traballo e esforzo no grupo de referencia e nas clases de reforzo se as houber poderase valorar ata un 10%.
Avaliación extraordinaria do alumnado coa materia pendente de 1º ESO
- Todo o antedito para a avaliación ordinaria é válido tamén, cando proceda, para a avaliación extraordinaria do alumnado coa materia pendente cos seguintes matices.
- O peso na cualificación da proba do Bloque 1 (listening) poderase engadir ao dos Bloques 3-5.
- O Departamento poderá eximir ao alumnado da proba do Bloque 2 (speaking) segundo o informe do seu profesor. Neste caso, a porcentaxe correspondente engadirase á proba dos Bloques 3-5.
- Presentación do portfolio e libro de exercicios a criterio do profesorado.
2º ESO
Lenda:
Bloque 1: Comprensión de textos orais (Listening).
Bloque 2: Produción de textos orais: Expresión e interacción (Speaking).
Bloque 3: Comprensión de textos escritos (Reading).
Bloque 4: Produción de textos escritos (Writing).
Bloque 5: Coñecemento da lingua e conciencia intercultural (Fonética, Léxico,Gramática, aspectos culturais da lingua).
Avaliación ordinaria
O baremo será o seguinte:
Estándares avaliables | Grao mínimo de consecución | Peso na cualificación | Instrumentos de avaliación | Competencias clave | |
BLOQUE 1 | Todos | 50% | 10% | Proba oral
Proba escrita |
Todas as indicadas |
BLOQUE 2 | Todos | 50% | 20% | Proba oral | Todas as indicadas |
BLOQUES 3-5 | Todos | 50% | 70% | Probas orais e escritas (60%)
Portfolio* Libro de exercicios* Traballo individual* Traballo en grupo* Rúbricas* (10%) |
Todas as indicadas |
*A criterio do profesorado.
Observacións:
Bloques 3-5
- Actividades relacionadas cos libros de lectura obrigatoria. Algunhas destas actividades son as seguintes: describir persoaxes ou situacións do libro, lectura en voz alta dalgunhas partes do libro, preguntas de comprensión.

Avaliación ordinaria do alumnado coa materia pendente de 2º ESO
- Todo o antedito para a avaliación ordinaria é válido tamén, cando proceda, para a avaliación ordinaria do alumnado coa materia pendente cos seguintes matices.
- No caso de non poder realizar a proba de comprensión de textos orais (Bloque 1 listening), a porcentaxe correspondente engadirase á nota das probas dos Bloques 3-5.
- O peso na cualificación dos Bloques 3-5 será do 60% e o traballo e esforzo no grupo de referencia e nas clases de reforzo se as houber poderase valorar ata un 10%.
Avaliación extraordinaria do alumnado coa materia pendente de 2º ESO
- Todo o antedito para a avaliación ordinaria é válido tamén, cando proceda, para a avaliación extraordinaria do alumnado coa materia pendente cos seguintes matices.
- O peso na cualificación da proba do Bloque 1 (listening) poderase engadir ao dos Bloques 3-5.
- O Departamento poderá eximir ao alumnado da proba do Bloque 2 (speaking) segundo o informe do seu profesor. Neste caso, a porcentaxe correspondente engadirase á proba dos Bloques 3-5.
- Presentación do portfolio e libro de exercicios a criterio do profesorado.
3º ESO / PMAR 3º ESO
Lenda:
Bloque 1: Comprensión de textos orais (Listening).
Bloque 2: Produción de textos orais: Expresión e interacción (Speaking).
Bloque 3: Comprensión de textos escritos (Reading).
Bloque 4: Produción de textos escritos (Writing).
Bloque 5: Coñecemento da lingua e conciencia intercultural (Fonética, Léxico,Gramática, aspectos culturais da lingua).
Avaliación ordinaria
O baremo será o seguinte:
Estándares avaliables | Grao mínimo de consecución | Peso na cualificación | Instrumentos de avaliación | Competencias clave | |
BLOQUE 1 | Todos | 50% | 10% | Proba oral
Proba escrita |
Todas as indicadas |
BLOQUE 2 | Todos | 50% | 20% | Proba oral | Todas as indicadas |
BLOQUES 3-5 | Todos | 50% | 70% | Probas orais e escritas (60%)
Portfolio* Libro de exercicios* Traballo individual* Traballo en grupo* Rúbricas* (10%) |
Todas as indicadas |
*A criterio do profesorado.
Observacións:
Bloques 3-5
- Actividades relacionadas cos libros de lectura obrigatoria. Algunhas destas actividades son as seguintes: describir persoaxes ou situacións do libro, lectura en voz alta dalgunhas partes do libro, preguntas de comprensión.
- Cada profesor/a decidirá que parte desta porcentaxe dedica a cada un dos seguintes apartados:
- Actividades escritas que inclúan respostas a preguntas de comprensión de textos.
- Redacción de textos curtos sobre temas tratados na clase.
- Exames ou preguntas sobre temas de fonética, gramática, vocabulario e aspectos culturais da lingua.
- Actividades relacionadas cos libros de lectura obrigatoria para forzar á aprendizaxe de vocabulario e estruturas gramaticais. Algunhas destas actividades son as seguintes: contestar preguntas de comprensión xeral ou específica (multiple choice; true/false, etc.); encontrar no texto palabras ou expresións que correspondan a unha definición, etc.
- Valoración do traballo e a actitude na clase: presentación do portfolio e libro de exercicios a criterio do profesorado.
- O libro de lectura obrigatoria poderá ser avaliado co uso de probas orais, escritas ou ámbalas dúas.
- No caso de non poder realizar a proba de produción de textos orais (Bloque 2 speaking) nalgunha avaliación, a porcentaxe correspondente engadirase á nota das probas dos Bloques 3-5.
- Poderase reducir ata 0,5 puntos da nota do exame escrito por mala presentación. Esta posibilidade é aplicable a todas as avaliacións, ordinarias e extraordinarias.
Avaliación extraordinaria
- Todo o antedito para a avaliación ordinaria é válido tamén, cando proceda, para a extraordinaria cos seguintes matices.
- No caso de non poder realizar a proba de comprensión de textos orais (Bloque 1 listening), a porcentaxe correspondente engadirase á nota das probas dos Bloques 3-5.
- O libro de lectura obrigatoria será parte desta proba para o alumnado que non a tivese superada na avaliación ordinaria. En caso contrario, a porcentaxe correspondente engadirase á proba correspondente aos Bloques 3-5.
Avaliación ordinaria do alumnado coa materia pendente de 3º ESO
- Todo o antedito para a avaliación ordinaria é válido tamén, cando proceda, para a avaliación ordinaria do alumnado coa materia pendente cos seguintes matices.
- No caso de non poder realizar a proba de comprensión de textos orais (Bloque 1 listening), a porcentaxe correspondente engadirase á nota das probas dos Bloques 3-5.
- O peso na cualificación dos Bloques 3-5 será do 60% e o traballo e esforzo no grupo de referencia e nas clases de reforzo se as houber poderase valorar ata un 10%.
Avaliación extraordinaria do alumnado coa materia pendente de 3º ESO
- Todo o antedito para a avaliación ordinaria é válido tamén, cando proceda, para a avaliación extraordinaria do alumnado coa materia pendente cos seguintes matices.
- O peso na cualificación da proba do Bloque 1 (listening) poderase engadir ao dos Bloques 3-5.
- O Departamento poderá eximir ao alumnado da proba do Bloque 2 (speaking) segundo o informe do seu profesor. Neste caso, a porcentaxe correspondente engadirase á proba dos Bloques 3-5.
4º ESO
Lenda:
Bloque 1: Comprensión de textos orais (Listening).
Bloque 2: Produción de textos orais: Expresión e interacción (Speaking).
Bloque 3: Comprensión de textos escritos (Reading).
Bloque 4: Produción de textos escritos (Writing).
Bloque 5: Coñecemento da lingua e conciencia intercultural (Fonética, Léxico,Gramática, aspectos culturais da lingua).
Avaliación ordinaria
O baremo será o seguinte:
Estándares avaliables | Grao mínimo de consecución | Peso na cualificación | Instrumentos de avaliación | Competencias clave | |
BLOQUE 1 | Todos | 50% | 10% | Proba oral
Proba escrita |
Todas as indicadas |
BLOQUE 2 | Todos | 50% | 20% | Proba oral | Todas as indicadas |
BLOQUES 3-5 | Todos | 50% | 70% | Probas orais e escritas (60%)
Portfolio* Libro de exercicios* Traballo individual* Traballo en grupo* Rúbricas* (10%) |
Todas as indicadas |
*A criterio do profesorado.
Observacións:
Bloques 3-5
- Actividades relacionadas cos libros de lectura obrigatoria. Algunhas destas actividades son as seguintes: describir persoaxes ou situacións do libro, lectura en voz alta dalgunhas partes do libro, preguntas de comprensión.
- Cada profesor/a decidirá que parte desta porcentaxe dedica a cada un dos seguintes apartados:
- Actividades escritas que inclúan respostas a preguntas de comprensión de textos.
- Redacción de textos curtos sobre temas tratados na clase.
- Exames ou preguntas sobre temas de fonética, gramática, vocabulario e aspectos culturais da lingua.
- Actividades relacionadas cos libros de lectura obrigatoria para forzar á aprendizaxe de vocabulario e estruturas gramaticais. Algunhas destas actividades son as seguintes: contestar preguntas de comprensión xeral ou específica (multiple choice; true/false, etc.); encontrar no texto palabras ou expresións que correspondan a unha definición, etc.
- Valoración do traballo e a actitude na clase: presentación do portfolio e libro de exercicios a criterio do profesorado.
- O libro de lectura obrigatoria poderá ser avaliado co uso de probas orais, escritas ou ámbalas dúas.
- No caso de non poder realizar a proba de produción de textos orais (Bloque 2 speaking) nalgunha avaliación, a porcentaxe correspondente engadirase á nota das probas dos Bloques 3-5.
- Poderase reducir ata 0,5 puntos da nota do exame escrito por mala presentación. Esta posibilidade é aplicable a todas as avaliacións, ordinarias e extraordinarias.
Avaliación extraordinaria
- Todo o antedito para a avaliación ordinaria é válido tamén, cando proceda, para a extraordinaria cos seguintes matices.
- No caso de non poder realizar a proba de comprensión de textos orais (Bloque 1 listening), a porcentaxe correspondente engadirase á nota das probas dos Bloques 3-5.
- O libro de lectura obrigatoria será parte desta proba para o alumnado que non a tivese superada na avaliación ordinaria. En caso contrario, a porcentaxe correspondente engadirase á proba correspondente aos Bloques 3-5.
1º BAC
Lenda:
Bloque 1: Comprensión de textos orais (Listening).
Bloque 2: Produción de textos orais: Expresión e interacción (Speaking).
Bloque 3: Comprensión de textos escritos (Reading).
Bloque 4: Produción de textos escritos (Writing).
Bloque 5: Coñecemento da lingua e conciencia intercultural (Fonética, Léxico,Gramática, aspectos culturais da lingua).
Avaliación ordinaria
O baremo será o seguinte:
Estándares avaliables | Grao mínimo de consecución | Peso na cualificación | Instrumentos de avaliación | Competencias clave | |
BLOQUE 1 | Todos | 50% | 10% | Proba oral
Proba escrita |
Todas as indicadas |
BLOQUE 2 | Todos | 50% | 20% | Proba oral | Todas as indicadas |
BLOQUES 3-5 | Todos | 50% | 70% | Probas orais e escritas (70%)
Portfolio* Libro de exercicios* Traballo individual* Traballo en grupo* Rúbricas* |
Todas as indicadas |
*A criterio do profesorado.
Observacións:
Bloques 3-5
- Actividades relacionadas cos libros de lectura obrigatoria.
- Cada profesor/a decidirá que parte desta porcentaxe dedica a cada un dos seguintes apartados:
- Actividades escritas que inclúan respostas a preguntas de comprensión de textos.
- Redacción de textos de diversa tipoloxía..
- Exames ou preguntas sobre temas de fonética, gramática, vocabulario e aspectos culturais da lingua.
- Actividades relacionadas cos libros de lectura obrigatoria para forzar á aprendizaxe de vocabulario e estruturas gramaticais. Algunhas destas actividades son as seguintes: contestar preguntas de comprensión xeral ou específica (multiple choice; true/false, etc.); encontrar no texto palabras ou expresións que correspondan a unha definición, etc.
- O libro de lectura obrigatoria poderá ser avaliado co uso de probas orais, escritas ou ámbalas dúas.
- No caso de non poder realizar a proba de produción de textos orais (Bloque 2 speaking) nalgunha avaliación, a porcentaxe correspondente engadirase á nota das probas dos Bloques 3-5. Non obstante, e a criterio do profesorado, poderá manterse a cualificación da avaliación anterior.
- Poderase valorar con ata un 10% a maiores da nota global o desenvolvemento de actividades extras propostas polo profesorado – sempre e cando o/a alumno/a acadara un 5 na nota global antes de engadir este 10%. Non poderá optar a esta posibilidade o alumnado que estea nas seguintes circunstancias:
- Ter algún apercibimento por escrito por ausencias inxustificadas ou por conduta inadecuada na clase.
- Non ter aprobadas as lecturas obrigatorias.
- Non ter realizado con regularidade durante o curso os traballos e exercicios obrigatorios.
- Poderase reducir ata 0,5 puntos da nota do exame escrito por mala presentación. Esta posibilidade é aplicable a todas as avaliacións, ordinarias e extraordinarias.
Avaliación extraordinaria
- Todo o antedito para a avaliación ordinaria é válido tamén, cando proceda, para a extraordinaria cos seguintes matices.
- No caso de non poder realizar a proba de comprensión de textos orais (Bloque 1 listening), a porcentaxe correspondente engadirase á nota das probas dos Bloques 3-5.
- No caso de ter aprobada na avaliación ordinaria a proba do Bloque 2 (speaking) o profesorado poderá conservar a nota para a cualificación da avaliación extraordinaria ou ben engadir o seu peso (20%) á proba dos Bloques 3-5.
- O libro de lectura obrigatoria será parte desta proba para o alumnado que non a tivese superada na avaliación ordinaria. En caso contrario, a porcentaxe correspondente engadirase á proba correspondente aos Bloques 3-5.
- Poderase aplicar o criterio anterior a outras probas, por exemplo, de léxico, non superadas na avaliación ordinaria.
- Poderase valorar con ata un 10% a maiores da nota global o desenvolvemento de actividades extras propostas polo profesorado – sempre e cando o/a alumno/a acadara un 5 na nota global antes de engadir este 10%.
Avaliación ordinaria do alumnado coa materia pendente de 1º BAC
- Todo o antedito para a avaliación ordinaria é válido tamén, cando proceda, para a avaliación ordinaria do alumnado coa materia pendente cos seguintes matices.
- No caso de non poder realizar a proba de comprensión de textos orais (Bloque 1 listening), a porcentaxe correspondente engadirase á nota das probas dos Bloques 3-5.
- O peso na cualificación dos Bloques 3-5 será do 60% e o traballo e esforzo no grupo de referencia e nas clases de reforzo se as houber poderase valorar ata un 10%.
Avaliación extraordinaria do alumnado coa materia pendente de 1º BAC
- Todo o antedito para a avaliación ordinaria é válido tamén, cando proceda, para a avaliación extraordinaria do alumnado coa materia pendente cos seguintes matices.
- O peso na cualificación da proba do Bloque 1 (listening) poderase engadir ao dos Bloques 3-5.
- No caso de ter aprobada na avaliación ordinaria a proba do Bloque 2 (speaking) o profesorado poderá conservar a nota para a cualificación da avaliación extraordinaria ou ben engadir o seu peso (20%) á proba dos Bloques 3-5.
2º BAC
Lenda:
Bloque 1: Comprensión de textos orais (Listening).
Bloque 2: Produción de textos orais: Expresión e interacción (Speaking).
Bloque 3: Comprensión de textos escritos (Reading).
Bloque 4: Produción de textos escritos (Writing).
Bloque 5: Coñecemento da lingua e conciencia intercultural (Fonética, Léxico,Gramática, aspectos culturais da lingua).
Avaliación ordinaria
O baremo será o seguinte:
Estándares avaliables | Grao mínimo de consecución | Peso na cualificación | Instrumentos de avaliación | Competencias clave | |
BLOQUE 1 | Todos | 50% | 15% | Proba oral
Proba escrita |
Todas as indicadas |
BLOQUE 2 | Todos | 50% | 15% | Proba oral | Todas as indicadas |
BLOQUES 3-5 | Todos | 50% | 70% | Probas orais e escritas (70%)
Portfolio* Libro de exercicios* Traballo individual* Traballo en grupo* Rúbricas* |
Todas as indicadas |
*A criterio do profesorado.
Observacións:
Bloques 3-5
- Actividades relacionadas cos libros de lectura obrigatoria.
- Cada profesor/a decidirá que parte desta porcentaxe dedica a cada un dos seguintes apartados:
- Actividades escritas que inclúan respostas a preguntas de comprensión de textos.
- Redacción de textos de diversa tipoloxía..
- Exames ou preguntas sobre temas de fonética, gramática, vocabulario e aspectos culturais da lingua.
- Actividades relacionadas cos libros de lectura obrigatoria para forzar á aprendizaxe de vocabulario e estruturas gramaticais. Algunhas destas actividades son as seguintes: contestar preguntas de comprensión xeral ou específica (multiple choice; true/false, etc.); encontrar no texto palabras ou expresións que correspondan a unha definición, etc.
- O libro de lectura obrigatoria poderá ser avaliado co uso de probas orais, escritas ou ámbalas dúas.
- No caso de non poder realizar a proba de produción de textos orais (Bloque 2 speaking) nalgunha avaliación, a porcentaxe correspondente engadirase á nota das probas dos Bloques 3-5. Non obstante, e a criterio do profesorado, poderá manterse a cualificación da avaliación anterior.
- Poderase valorar con ata un 10% a maiores da nota global o desenvolvemento de actividades extras propostas polo profesorado.Non poderá optar a esta posibilidade o alumnado que estea nas seguintes circunstancias:
- Ter algún apercibimento por escrito por ausencias inxustificadas ou por conduta inadecuada na clase.
- Non ter aprobadas as lecturas obrigatorias.
- Non ter realizado con regularidade durante o curso os traballos e exercicios obrigatorios.
- Poderase reducir ata 0,5 puntos da nota do exame escrito por mala presentación. Esta posibilidade é aplicable a todas as avaliacións, ordinarias e extraordinarias.
Avaliación extraordinaria
- Todo o antedito para a avaliación ordinaria é válido tamén, cando proceda, para a extraordinaria cos seguintes matices.
- No caso de non poder realizar a proba de comprensión de textos orais (Bloque 1 listening), a porcentaxe correspondente engadirase á nota das probas dos Bloques 3-5.
- No caso de ter aprobada na avaliación ordinaria a proba do Bloque 2 (speaking) o profesorado poderá conservar a nota para a cualificación da avaliación extraordinaria ou ben engadir o seu peso (15%) á proba dos Bloques 3-5.
- O libro de lectura obrigatoria será parte desta proba para o alumnado que non a tivese superada na avaliación ordinaria. En caso contrario, a porcentaxe correspondente engadirase á proba correspondente aos Bloques 3-5.
- Poderase aplicar o criterio anterior a outras probas, por exemplo, de léxico, non superadas na avaliación ordinaria.
- Poderase valorar con ata un 10% a maiores da nota global o desenvolvemento de actividades extras propostas polo profesorado.
Consideracións finais para a avaliación en ESO e BAC
- A modo de resumo, cómpre clarificar que a avaliación da materia de Inglés nos distintos cursos será continua e sumativa. Deste xeito, a terceira avaliación comprende directa ou indirectamente todos os contidos do curso e superala supón a superación da materia na convocatoria ordinaria. Polo tipo de avaliación proposta e pola propia natureza da materia de Inglés, non se prevén exames finais específicos ou de recuperación, agás de aspectos parciais como os libros de lectura obrigatoria.
- Comportamentos deshonestos nas probas de avaliación: copiar e plaxiar.
No caso de que un/unha alumno/a sexa descuberto copiando nun exame, a cualificación do exame será automaticamente de 0 e esta nota poderá ocasionar o suspenso da materia – tamén na convocatoria ordinaria de xuño se a copia ocorrese na terceira avaliación. O mesmo é válido nas convocatorias extraordinarias. A nosa Programación prevé –véxase o seguinte parágrafo- que a cualificación de 0 ou NP nunha proba (exame oral, libro de lectura, redacción, etc.) poderá supor o suspenso da materia na avaliación correspondente. O mesmo procedemento será aplicado en caso de plaxio nun traballo, proxecto ou similar. Non obstante o antedito, o/a profesor/a tomará en última instancia a decisión definitiva atendendo ás circunstancias específicas de cada caso.
- En todos os casos, e para todos os niveis, o feito de non realizar unha parte do exame (por exemplo, a redacción (writing), ou as preguntas relacionadas coa comprensión escrita do texto), ou de ter una cualificación de cero nunha das partes da porcentaxe da cualificación, poderá significar o suspenso da materia. Así mesmo, o feito de non ler as lecturas obrigatorias, ou de non presentarse as probas dalgún dos Bloques (por exemplo, listening ou speaking) poderá impedir que o alumnado aprobe a materia. Na corrección do exercicio de listening con formato multiple choice, ou resposta múltiple, o profesorado poderá restar a porcentaxe correspondente por cada erro nunha pregunta.
- Na ESO, e especialmente nos primeiros cursos, o traballo diario, o portfolio e máis especificamente o caderno, a observación na aula, etc. terán máis importancia que nos cursos de Bacharelato xa que é onde se establece o hábito de traballo diario e as bases para un enfoque acertado do estudo: toma de notas na clase, práctica diaria, atención ás explicacións do profesorado, respecto ás intervencións dos compañeiros/as, etc.